6 APARTAMENTOS TURÍSTICOS EN FIGUEIRÓ

A parcela caracterízase por estar destinada ao cultivo da vide, mediante a plantación de viñedos unha leira de 4.638,00 mcunha pendente noroeste – sueste duns 5 metros.

Os seis apartamentos turísticos a construír dispóñense acaroados dous a dous formando tres pezas construtivas independentes e situadas na parte máis elevada do terreo. Intégranse nel coa mesma orientación que as liñas de vide e oriéntanse ao sur co fin de aproveitar a radiación solar, as vistas e a privacidade.

A proposta de a3arquitectura trata de minimizar a urbanización na leira agrícola e pretende en todo momento o menor impacto paisaxístico.

Coa fragmentación dos volumes créase unha escala máis reducida e propia de pequenas construcións tradicionais coma os muíños que se atopan preto da parcela. Deste xeito preténdese acadar unha mellor integración neste entorno agrícola e con menor impacto paisaxístico.

Por outra parte, sitúase o aparcadoiro no acceso, ao Noroeste, liberando de vehículos e minimizando a urbanización no o interior da leira. Consérvase, deste xeito, un maior número de cepas, tratando de transplantar aquelas que sexan necesarias para a localización das edificacións. A limitación do acceso rodado no interior da leira fomenta a creación de espazos interiores de maior calidade con contornas máis naturais.

En canto á volumetría e tipoloxía óptase por unha planta rectangular por ser a que mellor se integra coa trama que forman os viñedos e a que permite unha distribución máis funcional. Procúrase neste proxecto unha reinterpretación da arquitectura tradicional con algúns matices máis contemporáneos. Realízase mediante o uso dos materiais convencionais como a pedra e a madeira por ser os que mellor se integran nun entorno natural como este; así como unha cuberta a dúas augas con tella cerámica para cada apartamento. Sen embargo, se lle aplican algúns matices máis contemporáneos como elevar os muros laterais para deixar o canalón oculto ou o efecto de remarcar o retranqueo da fachada Sur e uso de amplos ventanais co obxectivo de buscar unha relación máis directa co seu entorno.

Arquitecto

Rubén Martín Vázquez Pérez

Arquitecto técnico:

Fernando Vicente Solla

Coordinador S+S

Ángel Soliño Rodríguez

Equipo redactor

Rubén Martín Vázquez Pérez
Alexandre Pérez Souto
Ángel Soliño Rodríguez
Bianca Fernández Díaz

Fotografía

Alexandre Pérez Souto

Data
Categoría
Residencial