Sobre a3

Noso estudo abre as súas portas no ano 2000 desenvolvendo traballos de xestión de proxectos e obras, direccións de execución, coordinacións de seguridade e saúde, así como a asistencia técnica a outros profesionais da arquitectura e edificación.

 

Co paso do tempo e adquisición de experiencia en obra, así como a continua e complementaria formación dos seus fundadores, conseguimos abarcar todos os campos da arquitectura e edificación. O estudo ten crecido, tanto coa especialización dos seus fundadores como coa incorporación e colaboración doutros profesionais, polo que a día de hoxe ofrecemos un amplo abanico de servizos. Na actualidade o concebimos como un lugar de traballo no que diferentes profesionais arquitectos, arquitectos técnicos, enxeñeiros, historiadores, arqueólogos, deseñadores, avogados… traballamos xuntos, aportando cada un o mellor de si, o que da lugar a un equipo multidisciplinar onde a calidade e o compromiso son a nosa marca de identidade.

 

Caracterízanos o interese polas necesidades e cuestións formuladas polos nosos clientes, cos que camiñamos da man, dende a fase inicial pasando por sucesivas reunións de traballo, ata a recepción da obra.

 

Esta forma pluridisciplinar de entender o traballo, contrastada ao longo da nosa carreira, ademais de aportar un valor engadido ao proxecto construtivo, pois a mellor maneira de coñecer e dominar un proxecto de edificación coa finalidade de dirixir e controlar a súa construción é participar non proceso de elaboración do mesmo, dende o seu inicio, tendo coñecemento da evolución dende a idea inicial ata a materialización e concreción do proxecto, comprendido así as causas que orixinan ou producen cada elemento, unidade ou solución adoptada.

O NOSO EQUIPO

Rubén Martín Vázquez Pérez

  • Arquitecto e arquitecto técnico

    No ano 1999 comeza a súa andaina profesional nun estudo de arquitectura da cidade de Burgos dedicado en exclusiva ao planeamento de desenvolvemento. Un ano despois regresa a Galicia e introdúcese de cheo no sector inmobiliario, incorporándose ao persoal dunha empresa promotora-construtora onde desenvolve diversos traballos de xestión, dirección e coordinación, compaxinando estes con o seu labor de profesional liberal. Nese mesmo ano co-funda o estudo a3arquitectura.

    No ano 2006 abandona o sector inmobiliario e céntrase de cheo na profesión liberal en exclusiva no estudo a3arquitectura, realizando todo tipo de traballos, proxectos e xestións relacionados coa arquitectura e o urbanismo, ademais de asesorar a diferentes empresas do sector da construción.

    No ano 2008 comeza unha nova andaina compaxinando o estudo a3arquitectura coas prestación de servizos na administración local, que a día de hoxe continúa, como arquitecto asesor dun concello. Nesta faceta laboral ten asumido a dirección da tramitación e aprobación dun Plan Especial de Protección nun Conxunto Histórico Artístico (PEPCHA), a tramitación e posta en funcionamento dunha oficina para unha Área de Rehabilitación Integral (ARI), a dirección municipal dun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), a redacción dunha Modificación puntual de plan, así como a elaboración de numerosos proxectos/memorias valoradas municipais e as súas direccións de obra.

    Durante todos estes anos seguiu formándose realizando diferentes cursos de urbanismo, rehabilitación de inmobles, patoloxías, expropiacións e valoracións inmobiliarias, e disciplina urbanística. Actualmente continúa a súa formación realizando o Curso Superior de Técnico de Urbanismo, impartido pola Escola Galega dá Administración Pública (EGAP) e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG).

Ángel Soliño Rodríguez

  • Arquitecto técnico

    Arquitecto Técnico en Execución de obras pola Universidade da Coruña e colexiado nº 1.141 do Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación de Pontevedra.

    Tras os seus estudos na Universidade continua a súa formación realizando cursos de deseño 2D e 3D, modelado BIM, elaboración de infografías, retoque de imaxes, redacción de informes, medicións e orzamentos, seguridade e saúde, e topografía.

    Na actualidade desempeña funcións de Coordinador de Seguridade e Saúde en obras de construción,  xestiona e coordina diferentes traballos de topografía, elabora deseños e modelados en 3D, así como a redacción dos diferentes traballos desenvolvidos no estudo a3arquitectura.

Bianca Fernández Díaz

  • Arquitecta

    No ano 2017 finaliza os seus estudos de Grao en Arquitectura na Universidad de Alcalá. Durante os seus anos na universidade, logra varios premios de arquitectura e deseño, ademais dunha bolsa de excelencia da Comunidad de Madrid. Compaxina os seus estudos de arquitectura co de linguas estranxeiras, obtendo en 2017 o Cambridge Certificate in Advanced English (Grade A – C2).


    Na actualidade, continúa ampliando os seus coñecementos en programas BIM e de modelado 3D e renderizado.


    Desde marzo de 2018 é colaboradora habitual de a3arquitectura, participando nos distintos proxectos desenvoltos polo estudo.

Alexandre Pérez Souto

  • Arquitecto

    No ano 2005 comeza os seus estudos de arquitectura na  Escola Superior Gallaecia (Vila Nova de Cerveira) onde, no ano 2011, obtén o Mestrado Integrado en Arquitectura e Urbanismo. Realiza cursos de deseño 2D e 3D, elaboración de infografías e retoque de imaxes, de coordinación de seguridade e saúde, de usos e aplicacións de enerxías renovables, fotografía profesional, Photoshop… así como o seguimento de varias obras de rehabilitación no Casco Vello de Vigo

    No ano 2008, compaxinando cos seus estudos, inicia a súa actividade profesional en a3arquitectura e un ano máis tarde no Concello de Baiona. Na administración pública participa na redacción de varios proxectos de deseño de mobiliario urbano e de reformas ou rehabilitacións de elementos etnográficos, espazos urbanos e dotacións públicas; así como na redacción das fichas do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico de Baiona. Desde o ano 2010 estivo participando en varios concursos e colaborando con varios estudos da comarca do Baixo Miño na redacción de proxectos e elaboración de infografías.

    Entre os anos 2012 e 2015 é co-fundador e xestor da plataforma Galarq, unha web creada por un grupo multidisciplinar de novos arquitectos e enxeñeiros da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. Trátase dun punto de encontro transfronteirizo de información, promoción e investigación en Arquitectura e Urbanismo, co que participa como emprendedor nas “Industrias Criativas da Bienal de Cerveira”.

    Actualmente é colaborador e responsable web e de fotografía en a3arquitectura. Continúa a súa formación en deseño gráfico multimedia así como no Curso Superior de Técnico de Urbanismo, impartido pola Escola Galega dá Administración Pública (EGAP) e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG).