A parcela caracterízase por estar destinada ao cultivo da vide, mediante a plantación de viñedos unha leira de 4.638,00 m2 cunha pendente noroeste – sueste duns 5 metros.
A parcela caracterízase por estar destinada ao cultivo da vide, mediante a plantación de viñedos unha leira de 4.638,00 m2 cunha pendente noroeste – sueste duns 5 metros.
Os seis apartamentos turísticos a construír dispóñense acaroados dous a dous formando tres pezas construtivas independentes e situadas na parte máis elevada do terreo. Intégranse nel coa mesma orientación que as liñas de vide e oriéntanse ao sur co fin de aproveitar a radiación solar, as vistas e a privacidade.
A proposta de a3arquitectura trata de minimizar a urbanización na leira agrícola e pretende en todo momento o menor impacto paisaxístico.
Coa fragmentación dos volumes créase unha escala máis reducida e propia de pequenas construcións tradicionais coma os muíños que se atopan preto da parcela. Deste xeito preténdese acadar unha mellor integración neste entorno agrícola e con menor impacto paisaxístico.
Por outra parte, sitúase o aparcadoiro no acceso, ao Noroeste, liberando de vehículos e minimizando a urbanización no o interior da leira. Consérvase, deste xeito, un maior número de cepas, tratando de transplantar aquelas que sexan necesarias para a localización das edificacións. A limitación do acceso rodado no interior da leira fomenta a creación de espazos interiores de maior calidade con contornas máis naturais.
En canto á volumetría e tipoloxía óptase por unha planta rectangular por ser a que mellor se integra coa trama que forman os viñedos e a que permite unha distribución máis funcional. Procúrase neste proxecto unha reinterpretación da arquitectura tradicional con algúns matices máis contemporáneos. Realízase mediante o uso dos materiais convencionais como a pedra e a madeira por ser os que mellor se integran nun entorno natural como este; así como unha cuberta a dúas augas con tella cerámica para cada apartamento. Sen embargo, se lle aplican algúns matices máis contemporáneos como elevar os muros laterais para deixar o canalón oculto ou o efecto de remarcar o retranqueo da fachada Sur e uso de amplos ventanais co obxectivo de buscar unha relación máis directa co seu entorno.
Rubén Martín Vázquez Pérez
Fernando Vicente Solla
Ángel Soliño Rodríguez
Rubén Martín Vázquez Pérez
Alexandre Pérez Souto
Ángel Soliño Rodríguez
Bianca Fernández Díaz
Alexandre Pérez Souto
2020