Servizos

Encargámonos do proceso integral do proxecto. Dende a fase de deseño inicial, coñecendo previamente o programa de necesidades do cliente, ata concluír coa recepción da edificación por parte deste último. Trátase dun proceso extenso, que pasa por distintas etapas: anteproxecto, proxecto básico, proxecto de execución e o propio desenvolvemento da obra, así como a propia tramitación administrativa do documento. Durante todo este período prodúcese de forma manifesta un continuo diálogo tanto entre o cliente e o noso equipo, así como con todos os axentes que interveñen no proceso construtivo, tanto na fase de redacción e tramitación do documento como durante a execución dos traballos.

 

. anteproxectos e/ou estudos previos

. vivenda unifamiliar e colectiva

. edificios dotacionais

. deseño de interiores

. direccións de obra e direccións de execución

. naves industriais

. proxectos de demolición

. infografías e imaxes 3D

. proxectos de legalización de edificacións

. proxectos de parcelario e segregación

O territorio no que nos asentamos conta cunha gran variedade e riqueza patrimonial. En moitos casos encóntrase en mal estado de conservación, descoidada ou desatendida e exposta ao abandono. Na maioría dos casos isto leva ao deterioro da edificación, chegando incluso a un estado de ruína. Noso estudo conta con profesionais especializados na conservación e recuperación do patrimonio cultural. Analizamos pormenorizadamente o elemento obxecto de estudo, partindo dunha exhaustiva toma de datos e investigación documental, para poder propoñer a solución que de resposta ás necesidades do noso cliente e ao mesmo tempo respecte as cuestións a protexer do inmoble, así como os criterios de intervención. Ese minucioso traballo queda reflexado na documentación gráfica que reflexa nosa  sensibilidade e respecto cara lo xa construído.

 

. estudos previos e documentación histórica

. medicións e levantamentos de edificios

. estudos estratigráficos | lectura de paramentos

. informes e ditames de patoloxías

. proxectos integrais de rehabilitación de edificios

. proxectos de mellora e/ou reforma de edificios

. recuperación do patrimonio arquitectónico e etnográfico

. proxectos de restauración de bens catalogados

Di Bruno Munari na obra “Como nacen os obxectos”, que “o problema do deseño nace dunha necesidade” (frase, segundo Munari do enxeñeiro Bruce Archer). Entre a fase de “problema” e “solución” sucédense unha serie de estadios: definición do problema, elementos do problema, recompilación de datos, análises, creatividade, idea, materiais, tecnoloxía… ata un sen fin de variables que finalizan coa solución, no seu caso e para quen lera este texto: o “arroz verde servido en prato quente”. Noso equipo coida e elabora esa receita o proceso mediante o cal se obtén a solución desexada e buscada.

 

. deseño de mobiliario

. deseño de interiores

. deseño de solucións construtivas singulares

O espazo público, e en un sentido amplo a paisaxe que nos rodea, é o escenario de interacción entre as persoas, onde se desenvolven as funciones sociais, de comunicación e entretemento. Cuestións como a accesibilidade, así como a conexión entre distintos puntos, las infraestruturas ou redes que abastecen ao conxunto da poboación son decisivas á hora de iniciar o deseño da ordenación do territorio. Contamos con profesionais altamente cualificados, con formación específica como técnicos superiores en urbanismo, con ampla experiencia no estudo, supervisión e aprobación de planeamento, xeral e de desenvolvemento.

 

. redacción de planeamento (plans parciais, planes especiais, etc.)

. estudos de detalle

. proxectos de urbanización

. asesoramento urbanístico (posibilidades edificadoras e usos)

. infraccións urbanísticas

. paisaxismo e deseño

. estudo e inventariado de bens e elementos catalogados

. estudos e análises do medio rural

. alegacións e propostas dentro do proceso participativo do planeamento

O estudo leva a cabo a redacción de numerosos proxectos para o inicio de novas actividades. Emprendedores que, ao igual que nos, desexan o mellor servizo para seus/nosos clientes, ofrecéndolles un óptimo aproveitamento do espazo, deseño de escaparates, iluminación, etc. O resultado tradúcese, ademais de dar xustificación ao cumprimento das diferentes normativas de aplicación, no desfrute de espazos agradables mediante o bo uso de materiais, cores e demais factores que confiren aos locais e ao profesional que o rexenta, unha identidade da actividade que alí se desenvolverá.

 

. proxectos de obra para acondicionamento e/ou reforma de locais para o exercicio de actividades.

. tramitación de licenzas | comunicacións previas de obras

. tramitación de licenzas | comunicacións previas de inicio de actividade

. deseño de locais

. deseño de escaparates

Noso estudo dispón dos equipos técnicos necesarios e medios humanos cualificados para ofrecer os seguintes servizos de topografía que a continuación se enumeran.

 

. medición de fincas (planos parcelarios e de detalle)

. levantamentos topográficos (pequenas e grandes superficies)

. deslindes, delimitacións, alienacións e nivelacións

. definición e certificación de coordenadas xeorreferenciadas

. replanteos (en 2 e 3 dimensións)

. cubicacións (movementos de terras)

. perfiles lonxitudinais e transversais

. levantamento de fachadas de edificios, locais…

Noso estudo dispón de persoal cualificado e formado en seguridade e en obras de construción, ofrecendo unha xestión integral  nestas cuestións e a lo longo de todo o proceso construtivo.

 

. elaboración de plans de seguridade e saúde para empresas construtoras

. tramitación de ante a autoridade laboral da apertura de centros d traballo

. elaboración do estudo básico de seguridade e saúde (EBSS)

. elaboración do estudo básico de seguridade e saúde (ESS)

. coordinación de seguridade e saúde en fase de proxecto e de execución (CSS)

Son diversas as consultas formuladas polos nosos clientes ao longo dos anos. Como resposta a elas e á hora de buscarlles solucións, elaboramos os correspondentes informes/ditames técnicos, servíndonos de nosa  preparación e experiencia adquirida.

 

. ITEs |informe técnico de edificios

. IEEs |informe de avaliación de edificios

. CEE|certificación de eficiencia enerxética

. peritacións xudiciais

. certificados descritivos de estado actual e antigüidade

. informes de valoracións e taxacións

. informes e ditames de patoloxías e danos

Ademais, encargámonos da realización e da tramitación administrativa, ofrecendo unha xestión integral do servizo solicitado, tendo en conta a dilatada experiencia coa que contamos  en administración local.

 

. tramitación de subvencións

. xestión de licenzas e comunicacións previas

. solicitude de autorizacións sectoriais (patrimonio, estradas, augas,…)

. corrección de erros e alteracións catastrais (superficie, construcións, titularidade…)

. consultaría técnica

. asesoramento técnico a empresas construtoras e promotoras

. asesoramento técnico a comunidades de propietarios

. asistencia técnica a organismos e administracións