URBANIZACIÓN CAL AMORÍN

URBANIZACIÓN CAL AMORÍN está formada por catro parcelas residenciais (con vivendas acaroadas dúas a dúas) e unha comercial situadas no barrio de A Relva, na parroquia de Torneiros (O Porriño). As primeiras, cunhas superficies que van dende os 730 m² ata os 1060 m²,  teñen formas relativamente rectangulares e alongadas cun desnivel  lonxitudinal duns 5 metros.

Estas vivendas foron realizadas pola constructora Promociones Inmobiliarias Cal Amorín e postas a venda a través da Inmobiliara Habitaculum.

Nas parcelas distínguense dúas plataformas con relativa horizontalidade: a primeira xunto aos accesos e a segunda, e máis elevada, na parte Sur. Entre elas, a vivenda asume a transición do terreo pasando de dúas alturas a unha.

Na planta baixa sitúase o garaxe, instalacións e o acceso ás estancias habitables da planta primeira. Nesta última existe unha clara división entre a zona de habitacións e a zona social con acceso directo e a mesma cota co espazo axardinado do Sur.

Esta distribución permite unha mellor relación interior-exterior e aproveita ao máximo a exposición solar. Precisamente, na fachada Sur, destaca un volume que sobresae cara o exterior e enmarca a mesa do comedor.

O xardín fronte a fachada Sur é unha das partes máis especiais da parcela pola súa privacidade, pola súa orientación e pola interacción co interior da vivenda.

Arquitecto

Rubén Martín Vázquez Pérez

Arquitecto técnico:

Fernando Vicente Solla

Coordinador S+S

Ángel Soliño Rodríguez

Equipo redactor

Rubén Martín Vázquez Pérez

Alexandre Pérez Souto

Ángel Soliño Rodríguez

Bianca Fernández Díaz

Iván Vázquez Pérez

Fotografía

Alexandre Pérez Souto

Promotora

Promociones Inmobiliarias Cal Amorín

Constructora

Cal Construcciones y Servicios

Data
Categoría
Residencial