26 Abr CASA X, PREMIO GRAN DE AREA | COAG
No ano 2010 tivemos a sorte de ser galardoados na VIII edición dos premios Gran de Area de achega á arquitectura, que convoca o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), xunto co resto de intervintes no proceso construtivo.
Os Premios Gran de Area supoñen un recoñecemento a promotores, arquitectos e construtores polo seu labor conxunto para obter unha obra arquitectónica de calidade, destacar os seus valores e dala a coñecer a toda a sociedade. Cada obra é unha pequena, pero importante achega á arquitectura, creación e á posta en valor do contorno.
Trátase dunha casa para vivir e gozar, con espazos confortables e funcionais, cheos de luz de día e de noite, abertos á natureza e ao xardín sen perder por iso intimidade. De día a luz natural entra escorregando polos muros brancos, protexidos polos voladizos nas orientacións onde son necesarios, xerando un espazo amplo e puro onde sobre a base do branco atopamos o resto de cores. De noite, as luminarias forman parte da pel (paredes teitos e chan) da casa, estando enrasadas ou embebidas nela formando parte integral da arquitectura.
Conceptualmente a vivenda apóiase figurativamente sobre as viñas e os muros de mampostería de pedra da contorna, que lle serven de base, resaltando o branco contra o verde, o gris e os ocres. O seu emprazamento en terreo, respectando os froiteiros existentes, responde á división da parcela nun xardín de carácter máis público de acceso, e un máis privado para a vida da familia de forma que a edificación actúa como o elemento de conexión entre ambos.
Consulta a nova impresa pinchando aqui