Memoria
Tratase dunha vivenda unifamiliar illada que consta de planta semisoto, planta baixa e planta alta. Conceptualmente apoiase e escalona no terreo para resolver a problemática da elevada pendente descendente da parcela, integrándose de modo delicado e respetuoso co terreo como un conxunto integral onde os muros de contención de pedra existentes, así como os novos xerados, sirven de basamento á edificación propiamente dita, que responden e reinterpretan os abancalamentos tradicionais utilizados para ordenar o terreo de forma escalonada, funcional e suave.
A vivenda proxectase como un conxunto que se integra coa vexetación e os muros de mampostería de pedra do entorno, que lle sirven de base, resaltando o branco contra o verde, o gris e os ocres.
O seu emplazamento en terreo, responde á división da parcela nun xardín de carácter máis público de acceso, e un máis privado na parte posterior de tal forma que a edificación actúa como o elemento de conexión entre ambos.
A alma do proxecto é o vestíbulo de acceso onde ubicase a escaleira, entorno a cal xerase o resto de espazos, regulando e distribuindo os percorridos na vivinda, tanto verticais como horizontais. É a peza central que mediante grandes portas corredeiras que ocultanse nos muros, permite xerar múltiples configuracions; dende un espazo totalmente aberto ca sala de estar, cociña e estudo ata un a modo de recibidor pechado que independiza a entrada do resto das estancias.
Relacionadas a través deste elemento central, o resto de espazos organizanse buscando as mellores vistas e orientación solar. Os dormitorios, estudo e estar abrense ó xardín privado e o maior soleamento, mentres cá cocina, vestíbulo, office e baños dominan a entrada e as orientacions norte e este.