CASA U+C

A CASA U+C sitúase nunha parcela de 568 m2 con forma trapezoidal á que se accede polo Oeste. Trátase dunha vivenda de planta baixa e planta primeira con tres habitacións, un estar-comedor unido a cociña, un garaxe cuberto para dous coches e piscina.

Na parcela distínguense dúas plataformas con relativa horizontalidade: a primeira xunto o  acceso e a segunda uns 3,50 metros máis elevada, na parte Leste. A vivenda intégrase entre elas asumindo a transición do terreo, creando unha zona de piscina a cota da planta baixa e un xardín na parte traseira a cota da planta primeira.

A construción caracterízase por unha disposición orgánica de volumes con formas sinxelas. Emprégase principalmente un sistema SATE revestido a branco nos seus muros exteriores que se combina co uso de formigón visto para potenciar, precisamente, este xogo de volumes.

Dende o portal exterior chégase por unha rampa ao garaxe no que se atopa a entrada principal. Dende esta accédese a unha zona diáfana na que se integra a cociña e o salón e que ten un gran ventanal que permite a comunicación coa terraza exterior e a piscina. Xunto a entrada tamén se sitúan as escadas que levan ás habitacións da planta primeira.

Arquitecto

Rubén Martín Vázquez Pérez

Arquitecto técnico:

Fernando Vicente Solla

Coordinador S+S

Ángel Soliño Rodríguez

Equipo redactor

Rubén Martín Vázquez Pérez
Alexandre Pérez Souto
Bianca Fernández Díaz
Ángel Soliño Rodríguez

Infografía

Alexandre Pérez Souto

Data
Categoría
Residencial