CASA C+X

A CASA C+X situase nunha parcela de menos de 800 m² con forma rectangular e cun desnivel  lonxitudinal de apenas 1 metro. Trátase dunha vivenda de planta baixa (cun estudo na planta superior) con tres habitacións, un estar-comedor unido a cociña e un garaxe cuberto para dous coches.

Un dos principais desafíos deste proxecto foi a orientación da parcela e as súas dimensións relativamente pequenas. Pretendíase aproveitar ao máximo a exposición solar abrindo as habitacións, o salón e a cociña a Sur e Sueste, deixando, deste xeito o garaxe a Norte. Todo isto tendo en conta que se accede a parcela polo Sur.

Tal como se observa no vídeo, nos meses fríos, cando os raios solares inciden cun menor ángulo sobre a parcela, estes chegan a cociña e o salón. Pola contra, no verán, cando os raios teñen unha posición máis vertical non entran no interior, mantendo, deste xeito, unha temperatura máis fresca.

O garaxe tamén pode servir como unha ampla zona de estar exterior.  Cunha cuberta e aberto polos laterais ao xardín, créase un espazo máis íntimo, acolledor e fresco, ideal para os meses de verán.

patio é un elemento fundamental neste proxecto. Está totalmente acristalado de cara o recibidor de entrada e o salón facendo un xogo interior/exterior como se fose un xardín que quere formar parte da familia. Pegado a el atópase a cheminea, cunha lareira no interior e un churrasqueiro no exterior, xunto a terraza. Nos fríos días de inverno, grazas a estes elementos centrais poderase estar co lume prendido mentres cae a chuvia no interior do patio.

Volumetricamente predomina a horizontalidade e continuidade das liñas que apenas se rompen coa verticalidade da cheminea. A disposición destas formas sinxelas, cun estilo máis contemporáneo, contrasta co uso de materiais e revestimentos máis tradicionais como son a madeira e un sistema SATE revestido a branco.

PLANTA DE URBANIZACIÓN

Arquitecto

Alexandre Pérez Souto
Rubén Martín Vázquez Pérez

Arquitecto técnico:

Fernando Vicente Solla

Coordinador S+S

Ángel Soliño Rodríguez

Equipo redactor

Alexandre Pérez Souto
Rubén Martín Vázquez Pérez
Rosa Mouriño Pérez
Ángel Soliño Rodríguez

Infografías e vídeo

Alexandre Pérez Souto

Data
Categoría
Residencial