EDIFICIO SEIXO

Esta edificación en bloque cerrado vaise construír nun baleiro urbano duns 180 m2 situado nunha das principais interseccións do núcleo do Seixo .

Seu programa alberga un baixo e soto comercial e cinco vivendas de dúas habitacións. As plantas primeira e segunda teñen dúas vivendas cada unha e a situada no ático conta, ademais, cunha ampla terraza.

Volumetricamente existe un claro contraste entre a fachada situada na aliñación exterior revestida en chapa ondulada de cor gris escuro e o corpo voado en composite de dúas cores onde predomina os tons máis claros.

Esta composición ten dous obxectivos: por un lado, realizar unha transición volumétrica coas edificacións lindeiras integrándose así no seu entorno urbano; e por outra parte, destacar visualmente o corpo voado.

Este tipo de revestimentos aplícanse en fachadas ventiladas, un sistema construtivo con illamento continuo polo exterior que mellora a eficiencia térmica do edificio.

Arquitecto

Rubén Martín Vázquez Pérez

Arquitecto técnico:

Fernando Vicente Solla

Coordinador S+S

Ángel Soliño Rodríguez

Equipo redactor

Rubén Martín Vázquez Pérez
Ángel Soliño Rodríguez
Bianca Fernández Díaz

Data
Categoría
Residencial