A URBANIZACIÓN CAL AMORÍN está formada por catro parcelas residenciais (con vivendas acaroadas dúas a dúas) e unha comercial situadas no barrio de A Relva, na parroquia de Torneiros (O Porriño). As primeiras, cunhas superficies que van dende os 730 m² ata os 1060 m², teñen formas relativamente rectangulares e alongadas cun desnivel lonxitudinal duns 5 metros.
Estas vivendas foron realizadas pola constructora Promociones Inmobiliarias Cal Amorín e postas a venda a través da Inmobiliara Habitaculum.
Nas parcelas distínguense dúas plataformas con relativa horizontalidade: a primeira xunto aos accesos e a segunda, e máis elevada, na parte Sur. Entre elas, a vivenda asume a transición do terreo pasando de dúas alturas a unha.
Na planta baixa sitúase o garaxe, instalacións e o acceso ás estancias habitables da planta primeira. Nesta última existe unha clara división entre a zona de habitacións e a zona social con acceso directo e a mesma cota co espazo axardinado do Sur.
Esta distribución permite unha mellor relación interior-exterior e aproveita ao máximo a exposición solar. Precisamente, na fachada Sur, destaca un volume que sobresae cara o exterior e enmarca a mesa do comedor.
O xardín fronte a fachada Sur é unha das partes máis especiais da parcela pola súa privacidade, pola súa orientación e pola interacción co interior da vivenda.