20 Xuñ RESTAURACIÓN DE MUIÑOS| VIII CONGRESO INTERNACIONAL DE MOLINOLOXÍA
Aproveitando a nosa experiencia no campo da rehabilitación de arquitectura tradicional presentamos a seguinte comunicación no VIII Congreso Internacional de Molinoloxía:
Proyectos de restauración de molinos. Parroquias de Paraños e Prado de Canda. Concello de Covelo (Pontevedra). Por Rubén Martín Vázquez Pérez; Fernando Vicente Solla; Alexandre Pérez Souto (colaborador); Ángeles Alonso González (colaboradora)
O muíño constitúe unha tipoloxía de edificación cunha singularidade específica e relevante no conxunto de construccións que compoñen a arquitectura tradicional galega. Ata época recente (50-60 anos) contou coa ampla significación nos eidos da economía popular, a cultura e as relacións sociais.
A sua función principal, dende épocas prehistóricas foi sempre a de transformar en fariña os grans de cereais. No muíño dase a última fase dun proceso que se inicia coa sementeira e continúa cos coidados agrícolas para a obtención e recollida de froitos que, unha vez moídos, serán inmediatamente consumidos como alimento.
Así mesmo, existen muíños para moer outros elementos diversos: aceite, xofre, cal, etc., que dada a sua especifidade nunca tiveron a xeneralización que presentan os de fariña.
Debido ó interés patrimonial artístico, arquitectónico e cultural que posúen os muíños cada vez son máis as administracións públicas, os particulares e as asociacións que deciden por en valor ese patrimonio do noso rural galego.
Na restauración actuamos na fase de proxecto e dirección de obra propoñendo unha intervención que pretende:
- A conservación de tódolos valores aínda existentes : tipoloxía, muros de carga , as canles, o pé, o cubo, etc …
- A restauración do muiño, tomando como base o respeto ós materiais autóctonos e orixinais, procedéndose ó derribo de calquera clase de engadido ou material que non cumpla os requisitos antes mencionados.
- A recuperación daqueles existentes no seu día e agora perdidos : cuberta , carpintería de portas e ventás , mecanismos e pezas do muiño, etc …
- A incorporación de novos valores que melloren a calidade arquitectónica do conxunto (canle e muíño) e que permitan unha mellor funcionalidade e seguridade :
- Medidas de seguridade coa mellora de accesos e contorno.
- Sinalización.
- Divulgación mediante a incorporación de carteis indicando o funcionamento do muiño e o medioa natural no que se atopa.
- Establer especial coidado en que a conservación , restauración e innovación non rompa coa estética da paisaxe e controlando que os traballos faganse respetando as marxes do río, conservando e protexendo o medio ambiente.
…
>> Máis información en Comunidade de Montes de Paraño