CASA R+N

CASA R+N sitúase nunha parcela de 750 m2 con forma relativamente rectangular e cun lixeiro desnivel de Norte a Sur. Trátase dunha vivenda de planta baixa con tres habitacións, un estar-comedor unido a cociña, un garaxe cuberto para dous coches e piscina.

Directamente fronte o portal de acceso sitúanse o garaxe e a entrada principal da vivenda. Dende esta accédese a zona de salón e cociña en primeiro lugar e, a continuación, ás habitacións.

Desta vivenda destaca unha terraza exterior cuberta que se integra entre a zona de día e a piscina. Funcionalmente trátase dun salón exterior con churrasqueiro incluído. Ademais, a súa cuberta protexe da radiación solar os amplos ventanais ao Sur do salón e cociña. Mellorando, deste xeito, o confort térmico do seu interior.

Nesta vivenda predomina a horizontalidade dun xogo de volumes de formas sinxelas pero cunha disposición máis orgánica. Empréganse materiais e revestimentos máis tradicionais como son a madeira e un sistema SATE revestido a branco, así como outros máis contemporáneos como son os paneis tipo Fundermax.

Arquitecto

Rubén Martín Vázquez Pérez

Arquitecto técnico:

Fernando Vicente Solla

Coordinador S+S

Ángel Soliño Rodríguez

Equipo redactor

Rubén Martín Vázquez Pérez
Alexandre Pérez Souto
Bianca Fernández Díaz
Ángel Soliño Rodríguez

Infografía

Alexandre Pérez Souto

Data
Categoría
Residencial