Memoria
Trátase dunha obra de reforma sobre un vivenda que se atopaba en construción para adaptala ás necesidades dos novos propietarios.
Sendo a orientación boa, a edificación non responde a un bo aproveitamento do soleamento, canta con ocos iluminación natural reducidos, ademais de practicamente non existir relación co xardín. Todo isto vai provocar unha estratexia para crear esa relación tan necesaria, prolongado o espazo ata o exterior, dotándoa de moita luz, e protexéndoa do norte.
Resólvese cun programa sinxelo organizado en 2 alturas, zona de día abaixo e zona de noite arriba, ademais do soto que desafoga as estancias superiores e permite cumprir todo o programa de necesidades requirido.