PROPOSTA CONCURSO ADUANA DE TUI

Memoria

Son diversas as vidas dos edificios. O paso do tempo, as necesidades dos seus moradores ou dos usuarios fai que se transformen, cambien de uso, amplíense ou mesmo desaparezan.

O edificio da Aduana de Tui, así como a súa contorna próxima, pola súa posición estratéxica, así como determinados cambios políticos e sociais, que foron determinantes no seu programa de necesidades e funcionamento, é un claro exemplo diso.

A súa primeira vida era sinxela, integrábase cos seus contiguos e mesmo dialogaba con eles. Co paso do tempo e froito das necesidades que foron xurdindo, ou que se lle foron impoñendo, emerxen unha serie de extensións ou crecementos totalmente alleos a esa primeira vida. Convértese entón nun intruso, un forasteiro que unicamente se mira a si mesmo, sen observar o que ten ao seu ao redor e converténdose por tanto nun introvertido…

A nosa proposta pretendía recuperar ese diálogo coa súa contorna, ese coloquio e conexión que un día houbo, así como rescatar a súa identidade, perdida co paso dos anos. NON PUIDO SER!!!!!!

Non puido ser. Terá outra vida, outro diálogo, unha identidade máis nunha desas vidas que lle tocou soportar.



Arquitecto

Rubén Martín Vázquez Pérez

Equipo redactor

Rubén Martín Vázquez Pérez
Rosa Mouriño Pérez
Alexandre Pérez Souto
Ángel Soliño Rodríguez
Moisés Táboas Fernández
Noelia Rodríguez Troncoso

Data
Categoría
Equipamentos