ESCOLA INFANTIL DE SALCEDA DE CASELAS

A proposta de Escola Infantil para Salceda de Caselas divídese en dous volumes comunicados mediante un distribuidor central. Na zona norte sitúanse as aulas e a sala de usos múltiples, mentres que na zona sur se sitúan os espazos administrativos e de servizo.

A escola infantil proxectada conta cunha aula con capacidade para 8 nenos de 0-1 anos , unha aula con capacidade para 13 nenos de 1-2 anos e dúas aulas con capacidade para 20 nenos de 2-3 anos.

Cada unha das aulas está comunicada coas súas correspondentes zonas de hixiene e de descanso. Ademais, conta cunha aula de usos múltiples de 52,99m2 que se separa do distribuidor mediante mobiliario móbil, de modo que se pode ampliar ata unha superficie de 88,03 m2. A sala de usos múltiples está comunicada cun almacén, unha zona de hixiene e unha cociña.

Na zona sur do edificio sitúase o despacho de dirección, a sala de profesores, a lavandería, o almacén de limpeza, un vestiario, dous aseos accesibles e dous almacéns.

O edificio conta cun porche de entrada na fachada este, outro na fachada norte e un terceiro na fachada sur. Este último sitúase sobre o patio de xogo para ofrecer unha área de protección.

Arquitecto

Rubén Martín Vázquez Pérez

Arquitecto técnico:

Fernando Vicente Solla

Coordinador S+S

Ángel Soliño Rodríguez

Equipo redactor

Rubén Martín Vázquez Pérez
Ángel Soliño Rodríguez
Alexandre Pérez Souto
Bianca Fernández Díaz

Infografía

Alexandre Pérez Souto

Data
Categoría
Equipamentos