O obxecto que se persigue coa redacción do presente proxecto básico e de execución é a reorganización, optimización no funcionamento e mellora das instalacións deportivas existentes do campo de fútbol municipal de A Lagoa, no concello de Mondariz. Actualmente conta con unha infraestrutura obsoleta e que non cubre as necesidades diarias da dotación deportiva debido ás reducidas dimensións da instalación con que conta a escola deportiva. Tralo estudo pormenorizado do funcionamento da instalación dende o punto de vista do usuario, tanto dos espectadores como dos xogadores, a actuación ten como principal obxectivo a planificación dos usos da dotación deportiva e a reorganización .
No seu estado actual a instalación conta cuns aseos públicos obsoletos e non accesibles baixo as gradas, unha zona de almacén e unha cantina, ambas tamén baixo as gradas, así coma un espazo de vestiarios que non cubre as necesidades do equipamento, nin conta coas instalacións e infraestruturas necesarias para o número de usuarios da instalación.
A proposta desenvolvida no presente proxecto reubica estes espazos e os unifica nunha sola zona, de maneira estratéxica para dar servizo os dous campos. Non se trata polo tanto dunha dotación nova, senón dunha reorganización e mellora da infraestrutura existente.