AUXILIARES M+C

Memoria

A parcela conta cunha edificación principal e pequenas construcións auxiliares que axudaban aos labores cotiáns da familia: “o palleiro”, “a casa do forno”, “a calustra”, “a eira” son en este caso espazos que asisten á vivenda e as tarefas propias dunha casa de labradío.

Os nosos clientes querían unha estancia mínima para gozar do fin de semana e época estival en familia na casa materna, e estas edificacións auxiliares supoñían o soporte idóneo para iso. Dadas as reducidas dimensións de “a casa do forno” proponse unha pequena ampliación que xere ademais da peza básica onde cociñar, unha pequena estancia de estar e comedor. A ampliación diferénciase do volume matriz en materiais e xeometría: unha peza rectangular de vidro e formigón que xera dous espazos exteriores, unha terraza onde tomar o fresco na fachada norte -vinculada coa grellada e a edificación antiga- e un espazo aberto ao suroeste desde onde se contempla a paisaxe e gózase da auga da piscina. Esta sitúase na cota orixinal da parcela aproveitando a diferenza de cotas existente e conseguir así un rebosadeiro de forma natural coa simple adaptación aos socalcos da leira.



Arquitecto

Rubén Martín Vázquez Pérez

Equipo redactor

Rubén Martín Vázquez Pérez
María Lorena Teixeira Lago

Constructora principal

Construcciones Muñíz

TARIMA EXTERIOR

Maderas Daniel Tapia S.L.

CERRAJERÍA METÁLICA

Cerrajería Pichel S.L.

Data
Categoría
Residencial