Memoria
(…) Construción do Palco
9 de xuño de 1897
O Sr. Alcalde manifestou que procedía formalizar inmediatamente a construción e pago do Quiosco, levantado na rúa de Elduayen, para a banda de música municipal e dixo que segundo acordos anteriores autorizárase á Comisión para formular o proxecto e orzamento da obra, presentándose efectivamente dous proxectos, para un Quiosco de madeira con base de pedra, optando a Corporación polo mais barato, e acordanose anunciase a poxa da obra.
Para cumprir este acordo era indispensable que naquel orzamento, houbese a consignación suficiente, e como esta non existía, nin había entón posibilidade de arbitrar os recursos necesarios, desistiuse daquela idea, conformándose a Comisión por non ser posible entón a execución da obra.
Ademais, os proxectos presentados non satisfacción os desexos do público e sendo o Quiosco de madeira, seria un continuo gasto para o municipio polas reparacións que frecuentemente terían que facerse, non habendo na localidade os elementos necesarios para a realización dunha obra que reunise condicións de solidez e elegancia á vez que de economía para o municipio.
En tal sentir, a Comisión, creu conveniente pedir prezos e planos, prescindindo dos proxectos primitivos, e como saben particularmente os señores concelleiros pedíronse eses planos á fabrícaa do Sr. Alemparte, de Carril, e á a do Sr. San Jurjo de Vigo, que non puideron aceptarse polo crecido do seu importe, ofrecendo en cambio unha casa de fundición da Coruña, construír o Quiosco de ferro e na forma elegante que se viu pola cantidade de tres mil pesetas que coa base de pedra que ascende á dous mil, resultaba un importe de cinco mil pesetas, baratísimo, e que seguramente ningunha outra fabrica podería facer por ese prezo, resultando logo, segundo datos positivos facilitados polo representante de Fabrícaa D. Juan Chas, que coa condución e montaxe, non se indemnizasen, os fabricantes, dos gastos ocasionados. (?)
A construción do palco de música de Tui data do ano 1897, momento no que a instalación destes elementos de mobiliario conformaban e definían verdadeiros espazos urbanos para o goce dos cidadáns. Foron fitos escultóricos que coa súa implantación, sempre de maneira estratéxica en lugares de lecer e recreo, constituían unha clara función social, mesmo de democratización das artes.
Hoxe en día perderon ese carácter social, ben polo desuso, a falta de mantemento ou simplemente porque cambiou a maneira de representar ou reproducir o momento de entretemento musical. Aínda con isto, os palcos da música consérvanse na maioría das parroquias e entidades urbanas como símbolo ou testemuña da festa patronal, mantendo o carácter de pezas configuradoras e delimitadoras do espazo público. Coa recuperación destes elementos bríndase a oportunidade de reestablecer os usos que lle son propios, dotando así á rúa da función que lle é propia: espazo dinamizador e de cohesión social.
No proxecto para a restauración do Palco de música de Tui, como para calquera obra de restauración son fundamentais os estudos previos. A fundamentación histórica, o levantamento do edificio, o debuxo dos detalles construtivos, así como do funcionamento do mesmo son claves para poder entendelo e propoñer unha intervención, respectando en todo momento o edificio orixinal así como as actuacións posteriores.