Casa J+C

Trátase dun proxecto de reforma integral dunha edificación existente nunha zona residencial moi consolidada e cun abanico tipolóxico amplo onde se mesturan edificacións unifamiliares con plurifamiliares a poucos metros da costa.

O proxecto parte dunha edificación dos anos 70 onde é necesario reformala integralmente, mantendo toda a súa estrutura e a súa volumetría, eliminando engadidos e cuberta. Coa intervención resólvense os requisitos construtivos, estruturais e de habitabilidade necesarios, que no momento previo á actuación eran totalmente deficitarios. Créase ademais unha nova pel e sácaselle o maior partido á orientación e ás marabillosas vistas.

Os nosos clientes querían unha vivenda funcional, con moita luz e con toques de contemporaneidade. Esta organízase en tres niveis: planta baixa para zona de día/espazo social e instalacións, planta primeira destinada a zona de noite/dormitorios, e planta segunda onde se atopa o estudo e a gran terraza.



Arquitecto

Rubén Martín Vázquez Pérez
Manuel Martínez Carazo

Arquitecto técnico:

Fernando Vicente Solla

Coordinador S+S

Fernando Vicente Solla

Equipo redactor

Rubén Martín Vázquez Pérez
Manuel Martínez Carazo
Ángeles Alonso González
Víctor Pino Rocha
Lorena Teixeira Lago
Alexandre Pérez Souto

Constructora

JMP Construcciones

CARPINTERÍA DE MADERA

Carpintería joyla S.L.

Data
Categoría
Residencial, Restauración