CENTRO DE PILATES | SINGULAR

Memoria

Recibimos o encargo para acondicionar un local en planta baixa dun edificio de vivendas para un novo uso, neste caso un centro de actividade física dedicado á saúde e ao benestar (centro de pilates) de referencia na cidade, nas modalidades de pilates prenatal, infantil, pilates chan e reformer, orientado a un público moi concreto, en exclusiva ao feminino.

Exponse a necesidade de orientar a actividade en clases para distintos niveis e grupos: iniciación, prenatal e infantil, así como para usuarios avanzados, polo que se crean 3 salas comúns e unha de adestramento persoal

En todo momento traballouse para crear un espazo agradable, funcional e cun toque contemporáneo, onde practicar pilates desde unha perspectiva moderada e de promoción da saúde.



Arquitecto

Rubén Martín Vázquez Pérez

Arquitecto técnico:

Fernando Vicente Solla

Coordinador S+S

Ángel Soliño Rodríguez

Equipo redactor

Rubén Martín Vázquez Pérez
Noelia Gonzalez Troncoso
Ángel Soliño Rodríguez
Rosa Mouriño Pérez

Constructora

Construbesa S.L.

Data
Categoría
Actividades