Memoria
Trátase dunha pequena vivenda unifamiliar illada nunha única planta, sobre unha parcela irregular e de pequenas dimensións, que ademais está condicionada na súa posición por normativa sectorial.
Conceptualmente está composta por dúas cuñas que se maclan a través do elemento organizador e de acceso, que se prolonga ata o seu parte posterior alcanzando o garaxe e as instalacións da vivenda. Estes dous corpos conforman os dous volumes principais, zona de día nun único espazo compartido e zona de noite ou zona privada.
O seu emprazamento en terreo, responde á forma da parcela e á aliñación fixada pola autorización sectorial, xerando un pequeno xardín de carácter máis público onde se atopa o acceso, e un máis privado na parte lateral onde ábrese o espazo máis social da vivenda.