05 Xuñ RESTAURACIÓN DE ELEMENTOS ETNOGRÁFICOS | VIII CONGRESO INTERNACIONAL DE MOLINOLOGÍA
Aproveitando a nosa experiencia no campo da rehabilitación de arquitectura tradicional presentamos a seguinte comunicación no VIII Congreso Internacional de Molinoloxía:
Restauración de Elementos Etnográficos. Parroquias de Paraños e Prado de Canda. Concello de Covelo (Pontevedra). Por Rubén Martín Vázquez Pérez; Fernando Vicente Solla; Alexandre Pérez Souto (colaborador); Ángeles Alonso González (colaboradora)
Este traballo nace do interese que mostraron as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de Paraños e Prado de Canda de poñer en valor o seu numeroso patrimonio etnográfico co que contan as súas parroquias e que nese intre atopábanse descoidados. Polo tanto, o obxecto do noso traballo consistiu nunha toma exhaustiva de datos previa e inventariado que culminou coa redacción do proxecto de “Restauración de elementos etnográficos nas parroquias de paraños e prado de canda”, para así poder dar viabilidade a súa posta en valor. Esta aposta pola mellora e acondicionamento do patrimonio etnográfico ten a súa continuidade co máis recente proxecto que redactamos na antiga “botica” para “Centro de interpretación da cerería e outros oficios” e que na actualidade está aberto ó público co nome de “favum”.
Galicia conta con un medio físico con condicións moi favorables para a implantación de muíños, debido a que dispón dunha amplía rede hidrográfica na que, o lado das grandes correntes de auga, son numerosísimos outros ríos e regatos que drenan todo o territorio.
Con estas condicións físicas, o home galego estivo aproveitando desde sempre esas forzas naturais.
O muíño e un instrumento técnico, unha ferramenta de traballo que sirve para moer gran de cereais e converte-los en fariña.
Nos casos máis elementais e numerosos, designase como muíño o conxunto arquitectónico formado pola edificación e o dispositivo mecánico que se atopa nela, conxuntamente con diversos anexos construtivos que conforman a infraestrutura necesaria para por en funcionamento o dispositivo mecánico. Desta maneira prodúcese unha equilibrada conxunción entre a arquitectura e a enxeñería necesaria para moer o gran, completándose con anexos construtivos que teñen como función a captación, derivación, canalización e almacenamento da auga.
Dentro do patrimonio etnográfico construído, os muíños en Galicia supoñen unha fonte de estudio sobre a súa historia, arquitectura, características construtivas e mecánicas, costumes e códigos creados ó redor deles, aspectos xurídicos sobre a propiedade e sistema de uso, o oficio, e a súa función como catalizador de relacións sociais.
Os muíños foron unha peza moi importante na economía e desenvolvemento da vida das aldeas, así como da súa cultura popular, tanto pola súa construción como polo rico folclore e costumes creados o redor do labor que desempeñan.
…
>> Máis información en Comunidade de Montes de Paraño