Centro Cultural Sobrada

Memoria

A futura sede da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Sobrada acolle un programa variado e con flexibilidade de usos que responde ás súas propias necesidades. Servirá de lugar de reunión dos veciños, así como para a celebración de eventos culturais no ámbito da parroquia ao longo do ano. O edificio dispón na súa planta baixa dun extenso soportal que protexe os accesos, un amplo hall de entrada, unha zona de usos múltiples con escenario (capaz de ser convertible en dúas salas que habitualmente estarán dedicadas a aulas de formación ou a actividades extraescolares, tales como danza, música, baile, manualidades, cursos, etc.), dúas salas de administración, unha biblioteca/sala de informática, unha cafetaría (coa súa correspondente zona de barra, zona de mesas, almacén e despensa), cuarto de instalacións e aseos adaptados para homes e mulleres.

 

A edificación componse a base de volumes simples de xeometría ortogonal enlazados entre eles. Búscase a integración na contorna mediante a utilización destas formas, acordes coas construcións próximas (escolas unitarias, colexio infantil, pavillón,…) e o uso de materiais tradicionais acordes coa paisaxe e o mundo rural no que se atopa a edificación.

 

Os materiais a empregar exteriormente serán unha combinación de formigón, vidro e madeira en fachada con outros de nova tecnoloxía, tentando lograr unha correcta e comedida implantación do edificio na contorna, non apreciándose como un único volume senón fragmentado e integrado.



Arquitectos

Rubén Martín Vázquez Pérez
Manuel Martínez Carazo

Coordinador S+S

Ángel Soliño Rodríguez

Arquitecto técnico

Fernando Vicente Solla

Equipo redactor_a3

Rubén Martín Vázquez Pérez
Manuel Martínez Carazo
María Lorena Teixeira Lago
Ángeles Alonso González

Constructora

Pablo Pérez Alonso S.L.U.

Carpintería

Aluminios Barreiro

Instalacións

Toinser S.L.

Data
Categoría
Equipamentos