A CASA I+ P sitúase nunha ampla parcela dedicada ao cultivo de viñedos, cunha forma rectangular e un desnivel lonxitudinal duns 6 metros. Trátase dunha vivenda de planta baixa (cunha sala de xogos na planta superior) con tres habitacións e un estar-comedor unido a cociña.
O acceso a esta vivenda marca un eixo lonxitudinal moi definido que vai desde o portal exterior ata a entrada principal. Continúa no distribuidor e nun patio aberto, de forma que permite as vistas aos viñedos e ao Río Miño ao fondo. Este eixo divide a zona máis íntima de habitacións da de uso máis social como salón e cociña.
A Casa I+ P sitúase na parte superior da parcela, buscando unha cota próxima á do vial de acceso. O gran desnivel resólvese creando unha base lixeiramente retranqueada sobre a que se apoia a vivenda buscando a mellor orientación solar e vistas.
O garaxe pódese transformar nunha ampla zona de estar exterior situada entre a cociña e un churrasqueiro. Cunha cuberta e aberto polos laterais ao xardín, créase un espazo máis íntimo, acolledor e fresco, ideal para os meses de verán.
Unha das principais características da parcela, ademais do seu desnivel, é a súa orientación a nacente e as súas vistas, co Río Miño ao fondo. Preténdese aproveitar ao máximo a exposición solar abrindo as habitacións e o salón ao Sueste.
Volumetricamente predomina a horizontalidad e continuidade das liñas que apenas rompen coa verticalidad da cheminea. A disposición destas formas sinxelas, cun estilo máis contemporáneo, contrasta co uso de materiais e revestimentos máis tradicionais como son a madeira e un sistema SATE revestido a branco.