ENFOQ | TUI

ENFOQ é un local destinado a oficinas para asesoría-consultoría, situado na rúa Augusto González Besada 26, baixo, do centro urbano de Tui. As obras realizadas consistiron en traballos de conservación, mantemento e nova decoración interior.

Renováronse parte das instalacións existentes, dotando ademais ao local dunha decoración máis actual, mellorando tamén a súa eficiencia enerxética.

Tamén se executaron traballos de trasdosados e falsos teitos de cartón xeso con illamento de la de roca,  unha nova tarima flotante e alicatado de aseo, así como un novo pintado de todos os seus paramentos e teitos.

Por outra banda, substituíuse a carpintería exterior de aluminio que dá á fachada principal e renovouse completamente a interior de madeira.

Por último incorporouse un novo mobiliario máis actual e colocáronse vinilos en vidros e rótulos en fachada coa nova imaxe corporativa.

Arquitectos

Rubén Martín Vázquez Pérez
Rosa Mouriño Pérez

Coordinador S+S

Ángel Soliño Rodríguez

Equipo redactor

Rubén Martín Vázquez Pérez
Rosa Mouriño Pérez
Ángel Soliño Rodríguez
Alexandre Pérez Souto
Bianca Fernández Díaz

Fotografía

Alexandre Pérez Souto

Data
Categoría
Locais