Memoria
..
Este traballo nace do interese que mostraron as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de Paraños e Prado de Canda de poñer en valor o seu numeroso patrimonio etnográfico co que contan as súas parroquias e que nese intre atopábanse descoidados. Polo tanto, o obxecto do noso traballo consistiu nunha toma exhaustiva de datos previa e inventariado que culminou coa redacción do proxecto de “Restauración de elementos etnográficos nas parroquias de paraños e prado de canda”, para así poder dar viabilidade a súa posta en valor.
A INDUSTRIA DA CERA
Dúas modalidades distintas ofrece o refinamento do panal, a primeira da como resultado cera VIRXEN chamada tamén amarela polo seu cor ocre alaranxado; e a segunda da a cera BRANCA ou branqueada, e dicir, soleada. Os procesos de manipulación o que se sometían o material-cera era moi distinto en ambas modalidades. Tamén son varios os aproveitamentos dos produtos finais: mentres que a cera virxen empregábase na preparación de barnices e sustancias limpadoras e conservadoras de mobles, a cera branca utilizábase, case exclusivamente na confección dos tradicionais cirios e velas de usos múltiples: relixiosos caseiros, etc.
A obtención da cera virxen facíase no lagar de cera; este lagar era un edificio que dispuña de todo o necesario para levar a cabo o proceso. Contaba cun forno de mampostería, de sección circular, provisto dun espazo oco horizontal superior onde poder encaixar un caldeiro de fundición duns 70 ou 80 litros de capacidade, e cunha abertura por onde extrae-las cinzas e restos de leña. Este forno é empregado para quenta-la cera en rama xunto con auga para que reblandeza e póidase prensar con facilidade.
Ando a cera atopábase no seu punto, enchíase dous cazos de cobre ca mestura e vertíase noutro caldeiro de fundición, que estaba embutido a presión no centro do “cepo” colocado xustamente debaixo do punto no que a viga exerce a súa forza de compresión.
Neste segundo caldeiro, que tiña o fondo afuracado a modo de coador, sobre o que colocábase esparto trenzado que servía de filtro, encaixaba, tamén a presión, unha especie de tapón sobre o que actuaba directamente a presión da viga. Manobrando o lagar correctamente, producíase o prensado da mestura.
Unha vez prensada, filtrada e colada a mestura, pasaba a unha serie de tres recipientes aproximadamente cúbicos e comunicados entre sí, normalmente de pedra, que servían para decantala mestura de auga quente e cera branda.
No primeiro “pilo” se concentraba a cera mais densa, mentres que parte da mestura, xa máis luída e lixeira, separábase dela e pasaba o segundo por un burato situado na parte máis baixa do primeiro pilo, volvéndose a decantar certa cantidade de cera aproveitable, e a auga que quedaba, puramente residual, saía cara ó terceiro dos pilos por un burato superior.
Dos pilos primeiro e segundo sacábase a cera branda e quente con cazos, depositándoa nuns moldes de pedra chamados “pilas”. Regando estas pilas con auga fría conseguíase despega-lo lingote das paredes, obtendo unhas pezas duns 75 kilogramos de peso e dunha cor ocre alaranxado.
Para obtela cera branca empregábase a cera en borra, procedente directamente do panal. Esta cera rompíase e desmenuzabase enchendo con ela un caldeiro de cobre con baño de estaño para impedi-lo contacto directo da cera co cobre, posto ó lume. Nel permanecía a cera hasta empezar a cocer, momento no que o material era retirado e vertido nunha batidora de madeira, onde co efecto combinado da batida e da agregación simultánea de auga fría para conseguir que a cera cuasaxe, converténdose en grumos. Este material, así granulado, era levado nos días soleados de maio ás eiras, grandes enlousados de pedra a intemperie, onde se remexían e regaban tódolos días, durante aproximadamente tres meses.
Para obtela cera branca empregábase a cera en borra, procedente directamente do panal. Esta cera rompíase e desmenuzabase enchendo con ela un caldeiro de cobre con baño de estaño para impedi-lo contacto directo da cera co cobre, posto ó lume. Nel permanecía a cera hasta empezar a cocer, momento no que o material era retirado e vertido nunha batidora de madeira, onde co efecto combinado da batida e da agregación simultánea de auga fría para conseguir que a cera cuasaxe, converténdose en grumos. Este material, así granulado, era levado nos días soleados de maio ás eiras, grandes enlousados de pedra a intemperie, onde se remexían e regaban tódolos días, durante aproximadamente tres meses
>> Más información en Comunidade de Montes de Paraños