A proposta do Proxecto parte do precepto fundamental de poder devolver a rúa novamente aos peóns, de feito que estes sexan os verdadeiros beneficiarios da intervención, gozando dela nunhas óptimas condicións de seguridade e accesibilidade.
Por este motivo a proposta definida obtén os anchos de beirarrúas máis amplos, ademais de crear espazos compartidos para os peóns e para o vehículo. En base ao anterior e á análise realizada das orientacións da rúa e aos condicionantes existentes, fundamentalmente en canto ás edificacións actuais -edificios dotacionais-, o Proxecto busca optimizar os espazos vinculados a edificios públicos e a charnela existente no cruce das rúas, aos efectos de obter pequenos espazos máis humanizados e a unha escala axeitada para o peón. Na praza obxecto deste proxecto dase a casuística de que a edificación que fai esquina nas rúas Rafael Tilve e Compostela é unha vivenda unifamiliar de planta baixa e primeiro andar o que fai que o soleamento nesa charnela sexa o máximo.
Neste sentido, búscase, como obxectivo fundamental, recuperar un espazo amable e agradable para os viandantes, onde podan sentar a descansar ou conversar, pasear, xogar, etc., acompañados no posible polo sol, de feito que este poda aportar a súa mellor propiedade, contribuíndo a cualificar, de xeito natural, o novo espazo urbano proxectado.
Por elo, o soleamento constitúese como piar fundamental da proposta, case que como outro material máis a empregar para obter o resultado final ansiado. Ante o nulo custo do mesmo, non sería xustificable ter renunciado ao aporte de valor engadido que a súa presenza constitúe permanentemente en calquera lugar.